jueves, 31 de mayo de 2012

BICHARADA

O mércores día 30 de Maio, os nenos de infantil acercámonos ó Auditorio Municipal de Ourense para ver a representación teatral Bicharada, unha fermosa historia de amizade entre unha formiga, unha araña e un escaravello.

Unha historia máxica, sincera e divertida que nos interpretou a compañía Berro Bambán


Gustounos moito e estamos desexando volver ir ó teatro...


jueves, 24 de mayo de 2012

Debut dos pequenos

Onte, os máis pequenos demostraron o seu gran talento, nun partido memorable.
Un equipo que nos dará moitas alegrías, parabéns!!!

"Sensacional e impresionante el partido disputado ayer en el colegio Mestre Vide por los más pequeños del Club, los de iniciación.
Sensacional? su ORDEN en el viaje al partido, que esta vez no pudo ser en jet privado, por su BUEN HACER tanto en el campo, durante el partido, como fuera de él, atendiendo a fotógrafos y prensa, pero sin desvincularse del grupo, sorprendiendo por su CAPACIDAD DE ATENCIÓN al juego, su SABER ESTAR en el banquillo, como profesionales esperando su momento, su ENTREGA, su AUTONOMÍA...."  

Para ver todas as fotos e ler a crónica enteira,visita a páxina en Facebook do Club Deportivo La Purísima.

 

Grazas ó míster (Anxo) por sacar o mellor de cada un deles, pola súa paciencia e por facelos disfrutar co deporte.

Grazas a afición, pais e compañeiros por animar incansablemente a estas pequenas grandes estrelas.
Mateo, Yago, Manuel, Nico, Víctor, Leo, Roberto, Nico, Jaime, Abraham
                                                       

miércoles, 23 de mayo de 2012

"As sete fontes, mergullados nas letras"






Os nenos de 4 e 5 anos participamos na campaña de animación á lectura "As sete fontes, mergullados nas letras" que organizou o Concello de Ourense. No mes de Novembro visitounos unha contacontos que nos contou unha fermosa historia que nos gustou moito e coa que nos rimos moito. Pero Sabela deixounos traballo...                                                 




...os nenos tivemos que facer o noso propio conto. Ó final quedounos moi bonito!!!




Unha tarde de Maio visitamos a exposición de todos os contos que fixeron os nenos dos coles da cidade, e alí tivemos unha gran sorpresa: contáronos algunhas historias e tamén puidemos ver e leer algún contos.











Foi unha tarde moi divertida onde deixamos voar a nosa imaxinación mergullándonos nas letras e nos libros