Os nenos de 4 e 5 anos participamos na campaña de animación á lectura "As sete fontes, mergullados nas letras" que organizou o Concello de Ourense. No mes de Novembro visitounos unha contacontos que nos contou unha fermosa historia que nos gustou moito e coa que nos rimos moito. Pero Sabela deixounos traballo...
...os nenos tivemos que facer o noso propio conto. Ó final quedounos moi bonito!!!
Unha tarde de Maio visitamos a exposición de todos os contos que fixeron os nenos dos coles da cidade, e alí tivemos unha gran sorpresa: contáronos algunhas historias e tamén puidemos ver e leer algún contos.
Foi unha tarde moi divertida onde deixamos voar a nosa imaxinación mergullándonos nas letras e nos libros
No hay comentarios:
Publicar un comentario