martes, 8 de mayo de 2012

Visita ó CDR "O Viso" (Lodoselo)

Os nenos de 4 e 5 anos visitamos o Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" situado na aldea de Lodoselo ( Concello de Sarreaus). Alí fixemos un montón de actividades divertidas relacionadas co entorno rural.                                                
                     
Fixemos pan
 

Modesta axudounos moito, foi moi boa mestra.



Prantamos unha árbore  e fixemos papel reciclado

Uns poucos privilexados paseamos no carro do burro 


                pero o que máis nos gustou foi acariciar ós animais 


          
            









Pasámolo moi ben e esperamos repetir a experiencia un día que non chova


No hay comentarios:

Publicar un comentario