jueves, 31 de mayo de 2012

BICHARADA

O mércores día 30 de Maio, os nenos de infantil acercámonos ó Auditorio Municipal de Ourense para ver a representación teatral Bicharada, unha fermosa historia de amizade entre unha formiga, unha araña e un escaravello.

Unha historia máxica, sincera e divertida que nos interpretou a compañía Berro Bambán


Gustounos moito e estamos desexando volver ir ó teatro...


jueves, 24 de mayo de 2012

Debut dos pequenos

Onte, os máis pequenos demostraron o seu gran talento, nun partido memorable.
Un equipo que nos dará moitas alegrías, parabéns!!!

"Sensacional e impresionante el partido disputado ayer en el colegio Mestre Vide por los más pequeños del Club, los de iniciación.
Sensacional? su ORDEN en el viaje al partido, que esta vez no pudo ser en jet privado, por su BUEN HACER tanto en el campo, durante el partido, como fuera de él, atendiendo a fotógrafos y prensa, pero sin desvincularse del grupo, sorprendiendo por su CAPACIDAD DE ATENCIÓN al juego, su SABER ESTAR en el banquillo, como profesionales esperando su momento, su ENTREGA, su AUTONOMÍA...."  

Para ver todas as fotos e ler a crónica enteira,visita a páxina en Facebook do Club Deportivo La Purísima.

 

Grazas ó míster (Anxo) por sacar o mellor de cada un deles, pola súa paciencia e por facelos disfrutar co deporte.

Grazas a afición, pais e compañeiros por animar incansablemente a estas pequenas grandes estrelas.
Mateo, Yago, Manuel, Nico, Víctor, Leo, Roberto, Nico, Jaime, Abraham
                                                       

miércoles, 23 de mayo de 2012

"As sete fontes, mergullados nas letras"






Os nenos de 4 e 5 anos participamos na campaña de animación á lectura "As sete fontes, mergullados nas letras" que organizou o Concello de Ourense. No mes de Novembro visitounos unha contacontos que nos contou unha fermosa historia que nos gustou moito e coa que nos rimos moito. Pero Sabela deixounos traballo...                                                 




...os nenos tivemos que facer o noso propio conto. Ó final quedounos moi bonito!!!




Unha tarde de Maio visitamos a exposición de todos os contos que fixeron os nenos dos coles da cidade, e alí tivemos unha gran sorpresa: contáronos algunhas historias e tamén puidemos ver e leer algún contos.











Foi unha tarde moi divertida onde deixamos voar a nosa imaxinación mergullándonos nas letras e nos libros

martes, 15 de mayo de 2012

Teatro de monicreques "Xanela"

Esta é unha semana distinta no cole, "A semana cultural das Letras Galegas". Tódolos cursos dende infantil ata os maiores, celebran as Letras con pequenas representacións polas distintas clases do cole;uns con poemas, outros con cantigas, con pequenas obras de teatro, con contos e os máis divertidos ata se animaron a contar chistes.

Hoxe os de infantil disfrutamos dunha representación do teatro de monicreques "Xanela" . Os alumnos de 3º da ESO son verdadeiros artistas, o teatro quedoulles moi bonito, e a representación do conto "A que sabe a lúa" foi todo un éxito.
Aínda que algúns xa coñeciamos o conto, disfrutamos vendo os animais en movemento, escaparon do libro!!!

Teatro de monicreques "Xanela"
Es
Os de tres anos non querían marchar, fíxoselles curta a función
Os de catro anos, non perderon detalle, e ó final querían tocar os animais

Ós de cinco anos tamén lles encantou a representación

lunes, 14 de mayo de 2012

EXCURSIÓN FIN DE CURSO - CARBALLIÑO


O pasado venres os nenos de Infantil visitamos a vila de Carballiño. A 1º parada que fixemos foi na piscifactoría onde Carlos amosounos as troitas, deixounos tocalas e algún aínda se animou a pescala coas suas mans.

  
Montamos nunha barca

Despois visitamos ó Parque municipal de Carballiño, onde xogamos moito











                                               


E para rematar ben o día tivemos unha visita moi especial
 

martes, 8 de mayo de 2012

Visita ó CDR "O Viso" (Lodoselo)

Os nenos de 4 e 5 anos visitamos o Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" situado na aldea de Lodoselo ( Concello de Sarreaus). Alí fixemos un montón de actividades divertidas relacionadas co entorno rural.                                                
                     
Fixemos pan
 

Modesta axudounos moito, foi moi boa mestra.



Prantamos unha árbore  e fixemos papel reciclado

Uns poucos privilexados paseamos no carro do burro 


                pero o que máis nos gustou foi acariciar ós animais 


          
            









Pasámolo moi ben e esperamos repetir a experiencia un día que non chova


lunes, 7 de mayo de 2012

Día da nai

A semana pasada, na clase de 4 anos, puxémonos mans a masa, para facerlle ás nosas mamás un regaliño moi especial. Estiramos a masa, cortamos as galletas e ó forno.

Coido que de aquí van saír grandes chefs!!!  E por se vos animades na casa a repetir, aquí deixamos a receita.

 
INGREDIENTES (50 unidades)
  • 250 g de fariña
  • 75 g de azucre
  • 1 ovo + 1 xema para decorar
  • 125 g de mantequilla a temperatura ambiente
  • pizca de sal
  • raspadura dun limón
  • moito cariño
Colocamos todos os ingredientes nun bol e amasamos cas mans ata que estén ben mezclados. Facemos una bola, tapamos con film transparente e metemos na neveira uns 15 min.
Sacamos a masa da neveira, e extendemos cun rodillo sobre una superficie limpa, aprox. deixamos medio cm de alto. Cortamos as galletas cos cortapastas.
Vamo-las colocando na bandexa do forno sobre papel vexetal. Batemos a xema, e coa axuda dun pincel, pintamos por encima.
Metemos ó forno, 15-20 min a 180ºC, ata que estén douradas.
Podémolas conservar varias semanas nun bote ou lata de galletas.