martes, 15 de mayo de 2012

Teatro de monicreques "Xanela"

Esta é unha semana distinta no cole, "A semana cultural das Letras Galegas". Tódolos cursos dende infantil ata os maiores, celebran as Letras con pequenas representacións polas distintas clases do cole;uns con poemas, outros con cantigas, con pequenas obras de teatro, con contos e os máis divertidos ata se animaron a contar chistes.

Hoxe os de infantil disfrutamos dunha representación do teatro de monicreques "Xanela" . Os alumnos de 3º da ESO son verdadeiros artistas, o teatro quedoulles moi bonito, e a representación do conto "A que sabe a lúa" foi todo un éxito.
Aínda que algúns xa coñeciamos o conto, disfrutamos vendo os animais en movemento, escaparon do libro!!!

Teatro de monicreques "Xanela"
Es
Os de tres anos non querían marchar, fíxoselles curta a función
Os de catro anos, non perderon detalle, e ó final querían tocar os animais

Ós de cinco anos tamén lles encantou a representación

lunes, 14 de mayo de 2012

EXCURSIÓN FIN DE CURSO - CARBALLIÑO


O pasado venres os nenos de Infantil visitamos a vila de Carballiño. A 1º parada que fixemos foi na piscifactoría onde Carlos amosounos as troitas, deixounos tocalas e algún aínda se animou a pescala coas suas mans.

  
Montamos nunha barca

Despois visitamos ó Parque municipal de Carballiño, onde xogamos moito











                                               


E para rematar ben o día tivemos unha visita moi especial
 

martes, 8 de mayo de 2012

Visita ó CDR "O Viso" (Lodoselo)

Os nenos de 4 e 5 anos visitamos o Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" situado na aldea de Lodoselo ( Concello de Sarreaus). Alí fixemos un montón de actividades divertidas relacionadas co entorno rural.                                                
                     
Fixemos pan
 

Modesta axudounos moito, foi moi boa mestra.



Prantamos unha árbore  e fixemos papel reciclado

Uns poucos privilexados paseamos no carro do burro 


                pero o que máis nos gustou foi acariciar ós animais 


          
            









Pasámolo moi ben e esperamos repetir a experiencia un día que non chova