martes, 15 de mayo de 2012

Teatro de monicreques "Xanela"

Esta é unha semana distinta no cole, "A semana cultural das Letras Galegas". Tódolos cursos dende infantil ata os maiores, celebran as Letras con pequenas representacións polas distintas clases do cole;uns con poemas, outros con cantigas, con pequenas obras de teatro, con contos e os máis divertidos ata se animaron a contar chistes.

Hoxe os de infantil disfrutamos dunha representación do teatro de monicreques "Xanela" . Os alumnos de 3º da ESO son verdadeiros artistas, o teatro quedoulles moi bonito, e a representación do conto "A que sabe a lúa" foi todo un éxito.
Aínda que algúns xa coñeciamos o conto, disfrutamos vendo os animais en movemento, escaparon do libro!!!

Teatro de monicreques "Xanela"
Es
Os de tres anos non querían marchar, fíxoselles curta a función
Os de catro anos, non perderon detalle, e ó final querían tocar os animais

Ós de cinco anos tamén lles encantou a representación

1 comentario:

  1. Felicidades! Sei que o traballo foi moi duro, aquí hai moito tempo adicado e por iso o resultado foi espectacular. Animo moito a profe que se empeñou tanto co proxecto para que siga tan creativa e que XANELA siga moito tempo contándonos contos.

    ResponderEliminar